martes, 31 de diciembre de 2019

ENCONTRO CO EQUIPO TERAPÉUTICO EDUCATIVO DO CENTRO PENITENCIARIO DE MONTERROSO

Logo de aproximadamente dez anos o interese deste encontro co Equipo Terapéutico do Centro Penitenciario de Monterroso non mingua. O alumnado asistente manifesta dunha maneira renovada un entusiasmo fóra do común nesta experiencia na que participan persoas reclusas en proceso de desintoxicación e adquisición de habilidades sociais que teñen como finalidade a súa integración social. Ademáis do emocionado relato das tráxicas experiencias persoais dos internos contamos tamén coa inestimable colaboración do persoal funcionario acompañante. Unha experiencia altamente formativa e entretida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario