jueves, 9 de enero de 2020

II VISITA AO CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES



No día de hoxe fixemos a segunda visita ao Centro de Día IGLEMEN de Padrón, a carón do noso instituto. Durante o que resta de curso asitiremos puntualmente todos os xoves ás 10:45 para colaborar nas actividades de animación dos usuarios deste centro.

O alumnado propuxo unha serie de actividades ao seu coordinador para valorar o grao de adecuación e idoneidade  das mesmas e seguidamente demos paso ás presentacións e a unha charla informal coas persoas usuarias coas que compartiremos este breve espazo de tempo semanal: Juan, Pepe, Carmen, Elvira e Matías.
A actitude das dúas persoas que coordinan as actividades do centro foi moi positiva connosco e o plan consistirá en deseñar unha serie de pequenas actividades para desenvolver en grupo:

  • Lectura de xornal e preguntas xerais sobre noticias significativas.
  • Actividades dirixidas á activación da atención e da memoria.
  • Actividades de activación sensorial: identifación de sons musicais, sabores, texturas e obxectos, olores...
  • Conversa-entrevista sobre biografía e ocupacións profesionais.
  • Taller adaptado de zumba.
  • Ximnasia xerontolóxica...


No hay comentarios:

Publicar un comentario