xoves, 16 de xaneiro
Hoxe as persoas usuarias recibíronnos dun modo máis locuaz e cordial. Xa imos collendo confianza. O contacto fai o cariño, din. Tamèn o persoal, encantadores e dispostos a facernos participar dun modo directo na creación dun ambiente distentido e agradable, necesario para a relación persoal e formativa. Porque se trata de algo máis ca unha experiencia escolar. Hai máis cousas en xogo, aspectos invisibles que dificilmente se poden avaliar e pouco importa. Cando saímos do centro cara ao residencia de día imos como se fósemos a unha celebración, sen peso, ingravidamente impulsados por unha razón inconcreta, un fin que dificilmente poderíamos precisar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario