viernes, 14 de febrero de 2020

VI VISITA AO CENTRO DE DÍA

Creo que a lección que aprendemos nesta nova visita ao Centro de Día de Persoas Maiores é que é importante planificar dalgún xeito o desenvolvemento da sesión, fundalmentalmente para evitar a sensación de ruído e caos comunicativo que converte a parte dos que interveñen no proceso comunicativo en simples  espectadores.  A razón da suspensión in extremis deste plan tivo a súa causa no replantexamento por parte do alumno responsable do cuestionario que tiña preparado para utilizar como guía de conversa. Considerou, en definitiva, que debiamos revisar a idoneidade dalgunha das preguntas á luz da consideración de que teñen que ser doadamente comprendidas polo receptor e significativas dende o punto de vista biográfico e cultural.

O alumnado saiu do local pensando en utilizar a excusa do Carnaval para dinamizar dun xeito divertido e extraordinario a vindeira sesión. Unha das alumnas comprometéuse a cociñar un biscoito que compartiremos en compañía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario