AFECTIVIDADE

EMOCIÓNS E AFECTIVIDADE
Comezamos cunha entrevista a Paul Ekman, autor dun interesante e importante libro que recolle todas as súas investigacións sobre as emocións e as súas manifestacións faciais. Trátase de "O rostro das emocións".


Continuamos co visionado doutro interesante vídeo sobre a xestión das emocións e as súas implicacións no desenvolvemento psíquico das persoas.


ACTIVIDADE INDIVIDUAL
Logo de escoitar as conversas que Eduardo Punset mantén con diversos investigadores no tema das emocións tales como Richard Davison, David Goleman, Jay Belsky, Vivette Globes, Laurence Parsons e Mathieu Ricard, fai o favor de responder as seguintes cuestións:

  1. Que papel teñen as emocións no desenvolvemento cognitivo humano?
  2. Por que se dí que as emocións poden ser perturbadoras?
  3. En que consisten as habilidades emocionais? Que uso educativo poden ter?
  4. Que quere dicir Jay Belsky cando afirma que a educación emocional comeza no útero? Que consecuencias pode ter un nivel alto de ansiedade prenatal?
  5. Que consecuencias se extraen dos experimentos con monos feitos a mediados do século pasado por Harry Harlow?
  6. Busca información sobre o fenómeno denominado depresión anaclítica ou síndrome de hospitalismo (René Spitz, 1945) e extrae as túas propias conclusións sobre o mesmo. Complementa esta pequena investigación cos resultados do experimento histórico feito por Federico II de Hohenstafen.
TAREFA GRUPAL (en preparación)
Spot 1. Ikea 
Spot 2. La Roja 
Spot 3. Vox
Spot 4. CocaCola


TRABALLO INDIVIDUAL OPTATIVO (2 PUNTOS)

Tema:
O APEGO E TIPOS DE APEGO: JOHN BOWLY E MARY AINSWORTH
PRESENTACIÓN DE DIAPOSITIVAS.

RECURSOS COMPLEMENTARIOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario