1ª EXPERIENCIA VIRTUAL. 11 de novembro 2020.
Debido ao cumprimento do Protocolo derivado da Pandemia COVID-19 e da conseguinte suspensión das actividades complementarias presenciais que estabamos a desenvolver en colaboración co Centro de Día para Persoas Maiores IGLEMEN de Padrón, vémonos na obriga de ensaiar esta primeira experiencia de econtro virtual das persoas usuarias deste centro co grupo de alumnado de Psicoloxía de segundo de bacharelato.
A pesar das limitacións que impón este tipo de comunicación e daquelas derivadas tamén do cumprimento do protocolo escolar, podemos dicir que esta primeira experiencia foi satisfactoria se temos en conta que estamos a falar dunha experiencia de comunicación interxeracional,
xoves, 16 de xaneiro 2020
Hoxe as persoas usuarias recibíronnos dun modo máis cercano e cordial. Xa imos collendo confianza. O contacto fai o cariño, din. Tamèn o persoal, encantadores e dispostos a facernos participar dun modo directo na creación dun ambiente distentido e agradable, necesario para a relación persoal e formativa. Porque se trata de algo máis ca unha experiencia escolar. Hai máis cousas en xogo, aspectos invisibles que dificilmente se poden avaliar e pouco importa. Cando saímos do centro cara ao centro de día imos como se fósemos a unha celebración, sen peso, ingravidamente impulsados por unha razó inconcreta.
II VISITA AO CENTRO DE DÍA PARA PERSOAS MAIORES
xoves, 9 de xaneiro de 2020
O alumnado propuxo unha serie de actividades ao seu coordinador para valorar o grao de adecuación e idoneidade das mesmas e seguidamente demos paso ás presentacións e a unha charla informal coas persoas usuarias coas que compartiremos este breve espazo de tempo semanal: Juan, Pepe, Carmen, Elvira e Matías.
No día de hoxe fixemos a segunda visita ao Centro de Día IGLEMEN de Padrón, a carón do noso instituto. Durante o que resta de curso asitiremos puntualmente todos os xoves ás 10:45 para colaborar nas actividades de animación dos usuarios deste centro.
A actitude das dúas persoas que coordinan as actividades do centro foi moi positiva connosco e o plan consistirá en deseñar unha serie de pequenas actividades para desenvolver en grupo:
- Lectura de xornal e preguntas xerais sobre noticias significativas.
- Actividades dirixidas á activación da atención e da memoria.
- Actividades de activación sensorial: identifación de sons musicais, sabores, texturas e obxectos, olores...
- Conversa-entrevista sobre biografía e ocupacións profesionais.
- Taller adaptado de zumba.
- Ximnasia xerontolóxica...
No día de hoxe fixemos a segunda visita ao Centro de Día IGLEMEN de Padrón, a carón do noso instituto. Durante o que resta de curso asitiremos puntualmente todos os xoves ás 10:45 para colaborar nas actividades de animación dos usuarios deste centro.

- Lectura de xornal e preguntas xerais sobre noticias significativas.
- Actividades dirixidas á activación da atención e da memoria.
- Actividades de activación sensorial: identifación de sons musicais, sabores, texturas e obxectos, olores...
- Conversa-entrevista sobre biografía e ocupacións profesionais.
- Taller adaptado de zumba.
- Ximnasia xerontolóxica...
Visionado da película documental O PODER DA MÚSICA
mércores, 8 de xaneiro de 2020
VISITA Á RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES DE PADRÓN
xoves, 19 de decembro de 2019
Pouco antes de rematar o primeiro trimestre fixemos unha visita sorpresa ao centro de día para persoas maiores Iglemen. As sensacións foron moi positivas e a experiencia estimulante na medida en que nos abre a porta a un posible proxecto de colaboración a través do cal poidamos tomar contacto coas persoas maiores usuarias e coas actividades que se planifican dende esta institución privada radicada a un paso do noso centro educativo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario