viernes, 29 de abril de 2022

miércoles, 30 de marzo de 2022

FALADOIRO FAMILIA / PROXECTO DE COLABORACIÓN CON AMIPA


Proxecto educativo de colaboración entre a Asociación Amipa da Comarca do Sar e o grupo de alumnado de Psicoloxía do IES Camilo José Cela. Estes encontros mensuais teñen como obxectivo crear unha experiencia a través da que as persoas poidan expresar as súas reflexións, os seus afectos e as súas emocións nun contexto de respecto e de recoñecemento da diversidade.

miércoles, 23 de marzo de 2022

ENCONTRO COA UNIDADE TERAPÉUTICA EDUCACIONAL DO C. PENITENCIARIO MONTERROSO





O GRUPO DE PSICOLOXÍA VISITA O CENTRO DE DÍA DA ASOCIACIÓN AGADEA, EN COMPOSTELA

 

 Deixamos o vídeo documental da nosa viaxe a Santiago, no día de onte, 15 de marzo. Tras a visita que fixemos ao Centro de Día da Asociación Agadea, adicada ao coidado das persoas maiores con demencias e da breve pero intensa experiencia de horticultura compartida cun pequeno grupo de persoas usuarias da asociación e do alumnado fixemos un paseo pola zona monumental e polo Campus Sur antes de volver a Padrón. A segunda visita programada para esta xornada foi o Museo Granell, co obxecto de contemplar a colección de arte surrealista do artista e intelectual Eugenio Granell, exilado durante a ditadura franquista na República Dominicana e que doou a súa interesante pinacoteca ao Concello de Santiago de Compostela. Actualmente pode visitarse no Pazo de Bendaña, na Praza do Toural.