jueves, 18 de febrero de 2021

A PERDA E O DÓ

Perda: Ter mágoa por algo (unha das acepcións da RAG).

Resultado de imaxes para LA PÉRDIDA EMOCION


Perda en psicoloxía é aquel proceso normal de reacción interna e externa diante da ausencia dun ser querido, xa sexa por morte ou separación, unha baixa laboral, un cambio de domicilio ou extravío de algo moi prezado, entre outros.

A perda provoca unha resposta emocional no/s individuos/s. Trátase, pois, dunha perda emocional e a súa manifestación é un desequilibrio afectivo profundo.
  • pode ser máis intensa canto máis sorpresiva sexa,
  • o desvalimento é provocado pola conciencia da dependencia afectiva,
  • a dolor pode xenerar desvalimento e comportamentos obsesivos e autodestrutivos,
  • o desinterese polas cousas é outra das posibles manifestacións,
  • é infrutuoso pensar que hai atallos.
Resultado de imaxes para PERDIDA AFECTIVA

É posible superar a perda, pero o dolo leva tempo,segundo sexa a súa intensidade.
  • Non é bo non falar da causa da dolor.
  • Non é bo sentirse culpable.
  • É bo retomar a normalidade. Os hábitos adormecen.
  • A descarga afectiva é positiva. Non debemos reprimir as emocións.
  • Non hai unha receita para superar o dolo.
  • As saídas obsesivas non son sás.
  • Se a dolor non decrece, hai que buscar axuda especializada.
  • A dor pódese converter en fortaleza vital.
Resultado de imaxes para DOLOR CRÓNICO

O dó patolóxico. “A intensificación do dolo ao nivel no que a persoa está desbordada, recorre a condutas desadaptativas, ou permanece inacabablemente neste estado sen avanzar no proceso do dolo cara á súa resolución” ( Horowitz, 1980).
Dó crónico. Pasa un ano e a persoa sente que nunca acaba. Non termina de amoldarse á súa nova vida e segue sen aceptar a dor, a angustia ou a ansiedade que sente ao lembrar a perda. Dó atrasado ou posposto. Tras a perda a persoa experimenta certas emocións, pero non todas as que existían, ou coa súa verdadeira intensidade e, pasado un tempo, volve experimentar unha forte carga emocional ante algún acontecemento que reabre a ferida.
Dó esaxerado. A persoa séntese desbordada de dor e trata de evadirse mediante certas condutas de evitación, como consumo excesivo de alcol ou drogas, centrarse obsesivamente no traballo, en saír ou en calquera conduta que lle permita soportar a dor, o cal pode levar, en última instancia, a desenvolver algún trastorno psicopatolóxico, como problemas de ansiedade ou depresión. Pode ser que a persoa sexa consciente de que fai todo isto para evitar a dor que a perda implica, pero non saiba como afrontalo.
Dó enmascarado. A persoa presenta problemas físicos ou realiza condutas que lle causan dificultades, pero sen darse conta de que estas teñen que ver coa perda non superada. Por exemplo, pode experimentar síntomas físicos similares aos do falecido antes de morrer ou desenvolver problemas psicopatolóxicos (ansiedade, trastornos alimentarios, etc.), sen ser consciente de que o seu malestar ten que ver co dolo non resolto.
  1. Efectos psicolóxicos da perda de emprego
  2. Impacto psicolóxico da migración (Interesa: Síndrome de Ulises e necesidades psicosociais)
  3. A perda dos proxenitores. Interesa o capítulo 4  
  4. A perda amorosa (artigo) + vídeo psicóloga clínica 
  5. A perda e aborto
  6. Perda por infidelidade (extracto) Revista Epsys (un pouco longo, pero creo que interesante para vós)
  7. A perda do fogar por deshaucio (lembrade configurar as cookies deste artigo con dous sinxelos pasos)





No hay comentarios:

Publicar un comentario