miércoles, 18 de noviembre de 2020

UNHA MALA NOTICIA PARA A NOSA ESCOLA

 

  

Hoxe estamos tristes. A coordinación do centro Iglemen informóunos da decisión do peche das súas instalacións e por tanto da actividade que estaban a desenvolver coas persoas usuarias do seu Centro de Día. Estamos tristes por Santiago e por Raquel, logo de compartir connosco unha feliz e rica experiencia educativa cos grupos de alumnos/as que tiveron a oportunidade de aproveitarse do trato e tamén de experiementar con actividades de animación. Tristes mais moi agradecidos pola súa disposición plena a colaborar no proxecto, polos brazos abertos, pola teima do coidado, polo cariño enteiro. Tristes pola perda do esforzo profesional e humano, polo traballo que se perde e o coidado que se daba. 



Ninguén nos poderá privar, no entanto, das sensacións e das aprendizaxes vividas. Pero estamos tristes tamén polas persoas que coñecemos alí e que xa non volveremos a ver neste contexto de aprendizaxe. Pepe, Carmen, Elvira... Gardaremos a lembranza dos recordos compartidos, da alegría nos faladoiros improvisados, os xogos, os risos, as gargalladas... Quen sabe se se volverán a cruzar as nosas vidas. Quizais o azar teza nos fíos dos felices sobresaltos dos encontros inesperados. Talvez nos atopemos na rúa, nalgún camiño que nos volva a reconducir a ese espazo de afecto no que hai algo que renace e medra. Ficamos orfos, é certo, nestes intres de incertidume no que tanto anceiamos a calor, unha vía que nos conduza ao mundo de fóra, ás aulas da vida nas que se producen os milagres. Longa vida para todxs vós, amigxs.






No hay comentarios:

Publicar un comentario