miércoles, 13 de enero de 2021

ENCONTRO COA P.P.T., LORENA ABELEDO

 Hoxe tivemos un agradable e instrutivo encontro coa Profesora de Pedagoxía Terapéutica do noso centro. Con ela conversamos de modo informal sobre cuestións que teñen a ver coa materia de psicoloxía mais tamén de aspectos relacionados coa súa traxectoria formativa, dentro e fóra do ensino, e da súa experiencia universitaria.

Canto á función que cumpre dentro do claustro de profesorado e en concreto dentro do Departamento de Orientación é a de dar apoio a alumnado con necesidades educativas especiais, motivadas ben por dificultades de aprendizaxe ben derivadas de características individuais.

Con ese fin, do que se trata é de facer unha análise individualizada desas necesidades e en colaboración co resto do departamento de orientación, elaborar os materiais e recursos necesarios para a implementación dun ensino individualizado e específico dirixido ao desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe.

O alumnado que require o labor complementario da pedagoxía terapéutica é aquel con dificultades pero que é quen de seguir o ritmo do grupo de clase de referencia e neste caso o apio dáse na aula nalgunhas materias cun enfoque máis ben práctico; tamén o alumnado con adaptación curricular (medida de atención á diversidade) pode beneficiarse deste apoio que se dá fóra do grupo e cunha programación adaptada ao seu nivel de competencia e centrada na consecución de obxectivos específicos. Neste último caso, a atención non pode superar o equivalente a un terzo do número de sesións semanais da materia.

E rematamos cunha serie de preguntas formuladas polo alumnado e dirixidas a varios focos de interese: dende a traxectoria académica e laboral da nosa convidada ás experiencias universitarias. Moi interesante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario